4/15/2007

O Perfume. Historia dun asasino

Patrick Süskind demostrou con esta novela que é un moi bo escritor, xa que sabe manter a intriga e a incerteza no lector sobre o que vai pasar máis adiante.
Existen certos momentos na novela que son bastante aburridos, pero pouco a pouco vai renacendo de novo o interese do lector.
Paréceme impresionante, e á vez imprescindible na novela, o peculiar sentido do humor de Süskind e o realismo co que se describen certas situacións como os cheiros das rúas parisinas naquela época.
Chama moito a atención que aquel rapaciño, pequeno, coitado e repudiado pola sociedade, poida chegar a facer calquera cousa por conseguir o que quere. É aquí onde podemos ver facilmente o punto ata o cal o autor xoga coa imaxinación e cos sentimentos do lector.


Susana Costas Pena 1º Bacharelato D