5/24/2007

El jugador

DOSTOIEVSKI, F.: El jugador

Esta novela presenta a forma dun diario no que o protagonista conta unha parte da súa vida cargada de emocións e sentimentos provocados por dúas paixóns: o amor e o xogo. O tema resulta interesante porque podería tratarse dunha historia real xa que a ludopatía é unha enfermidade que pode darse en calquera tempo e espacio.

Laura Piñeiro Pais-4ºB


Aparecen misturadas dúas obsesións do protagonista que , en realidade están moi relacionadas, xa que a súa paixón pola ruleta e a avaricia por gañar diñeiro xurde como consecuencia do seu amor por Polina.

Leticia Núñez Santos-4ºA


Esta novela non é divertida pero mantén intrigado ata o final, para saber cómo remata a súa relación có xogo e a súa relación có amor.

Darío Rúa Lorenzo-4ºA


En El jugador de Dostoievski reflíctense uns problemas que suceden na vida real como poden ser a paixón polo xogo unida a unha grande ambición por gañar máis e máis diñeiro.

Nerea Pastoriza Guimeráns-4ºA


A paixón do protagonista polo xogo lévao á ruína. Tampouco ten sorte no amor. Nesta novela cóntase un tempo , non moi extenso, da vida dun home marcado por estas dúas obsesións.

Tamara González Lorenzo-4ºA

Leyendas

BÉCQUER,G.A. : Leyendas

Recomendo a lectura das Leyendas de Bécquer pola súa variedade e, sobre todo, para os amantes de historias relacionadas con espectros. É unha obra fácil de ler.

Maikel Otero Novas-4ºA

Un dos motivos polos que me gustou este libro é polo ambiente misterioso no que se desenvolven as historias.
Tamén debo destacar que cada unha das lendas ofrece a posibilidade de ter distintas sensacións o que fai entretida a súa lectura: unha das lendas que máis me gustou foi “La ajorca de oro”, porque me sorprendeu bastante a reacción do protagonista xa que , aínda que estaba calificado de valente, demostra temor nunha determinada situación. Tamén me gustou moito “Los ojos verdes”, teño que dicir que o final deixoume fascinada. Na lenda “Rayo de luna”, gustoume moito o personaxe protagonista pola súa insistencia na procura da muller que amaba. Con “La rosa de pasión “ sentinme moi triste polo tráxico final… Recomendo a súa lectura .

Ivone Rey Pérez-4ºB

Gustoume moito “Rayo de luna” : o protagonista busca á muller da que se namorou nunha noite de lúa, pero por moito que busca non consegue atopala.

Yaiza Villanueva Otero-4ºA

A lenda que máis me gustou foi “La ajorca de oro” xa que demostra que por amor pode chegarse a facer calquera cousa.

Alicia Álvarez de la Campa-4ºA

Hai moita variedade nos temas destas lendas, dende tema amoroso, ata relixioso e todas con elementos fantásticos. Unha das miñas preferidas é “Rayo de luna”, sobre todo, a parte na que o protagonista busca desesperadamente á súa muller ideal, xa que fai sentir a emoción do personaxe por atopala.

Iria Rivas García-4ºA

El camino

DELIBES,M.: El camino

Esta novela gustoume bastante, resultou ser o contrario do que tiña imaxinado : ó ver o libro pareceume moi extenso, e as primeiras páxinas non me pareceron moi atractivas, pero estaba equivocada. Gustoume a forma en que se contan os recordos de Daniel,de maneira positiva. Na novela se concentran tanto situacións alegres como situacións tristes. Recomendo a súa lectura porque creo que é moi interesante.

Romina Soto Martínez-4ºB


El camino é unha novela que relata a vida de Daniel ata os once anos. Resulta fácil de ler, non é aburrida pois vai mostrando cómo evoluciona o protagonista dende que é un neno pequeño ata o momento clave no que terá que deixar todo o seu mundo para comezar unha nova etapa.

Lucía Blanco Gutiérrez-4ºB


Nesta novela o narrador conta dunha maneira tan perfecta que é moi fácil meterse na historia e chegar a imaxinar as situacións como se se estiveran vivindo. Creo que é un libro xenial para ler.

Eloy Gómez Fernández-4ºA


Estou dacordo co comentario de Eloy. A novela fainos entrar de cheo na historia de Daniel. Combinando “toques” humorísticos e dramáticos, o autor conta a vida dun cativo que é feliz no seu pobo, no momento no que ve que todo o vivido se lle vai.

Damián Otero Suárez-4ºA


É un libro bastante divertido. Destaco as situacións vividas polos tres amigos, especialmente as aventuras na finca do Indiano, na vía do tren, na Poza do Inglés…

Arón Martínez Portas-4ºA


El camino fai reflexionar sobre cómo o progreso conleva, en moitos casos, deixar atrás cousas importantes. Pódese ver isto mediante os recordos de Daniel que vai ter que deixar todo o que o fai feliz para irse á cidade para estudar.

Manuel Crujeiras Besada-4ºA


Penso que Daniel representa un personaxe fácil de manipular, xa que , na novela, non adoita procurar os seus desexos senón os dos demáis. Véxoo moi claro no feito de que é o seu pai o que toma a decisión de que marche a estudar á cidade, ou na maneira na que se deixa manexar polo seu amigo, Roque.

Anxo Costas Rial-4ºA


O que máis me gustou desta novela foron as aventuras dos tres amigos. Son as partes máis divertidas.

Saray Cordeiro del Río-4ºA

Un mundo feliz

HUXLEY,A. : Un mundo feliz

Nesta novela , Huxley construe unha sociedade futura, aparentemente “perfecta”.Creo que o que Huxley pretendía co seu “mundo feliz” era evitar que chegáramos a él. Digo isto porque moitos dos valores que aparecen nese mundo deshumanizado xa están hoxe na nosa sociedade : o consumismo, o feito de que a xente deixe de pensar por sí mesma para deixarse levar por ideas de outros ( aínda que sexa voluntariamente e non mediante o uso de avanzadas técnicas, como na novela)… Por iso creo que é interesante ler esta novela, aínda que só sexa para deterse a reflexionar sobre a actualidade e sobre o mundo que nos espera.

Rebeca Obenza Otero-4ºA


En Un mundo feliz as persoas están clasificadas xa antes de nacer. Todos estes seres nacidos en probetas teñen en común que non pensan por eles mesmos, xa que as ideas sonlle introducidas de xeito artificial.Tamén chama a atención o feito de que non teñan sentimentos nen realacións afectivas.

David Menduiña Nerga-4ºA


Recomendo esta lectura a xente á que lle guste a crítica e a filosofía.É un libro que fai pensar. Hai nel unha profunda crítica da sociedade e do seu conformismo, por exemplo, no feito de que nese mundo feliz rindan culto a Ford, que é para eles o seu Deus, sirve para reflexar a facilidade de manipulación das persoas.

Lara Gutiérrez Sas-4ºA


Esta novela narra unha parte da vida de tres personaxes nun mundo considerado como futuro próximo e posible, no que o ser humano é procreado “In vitro”. A ausencia de sentimentos, desexos, cultura e costumes, mostra o que habería que sacrificar para conseguir ese suposto “mundo feliz”.

Pedro Lata Fernández-4ºA


Huxley crea unha sociedade que parece perfecta xa que os personaxes son creados de forma artificial e , dende que nacen, son manipulados para que pensen que a vida é perfecta.
O que máis me chamou a atención foi a ausencia de sentimentos que existe nese Mundo feliz, a crítica das situacións que se contan e a ironía de chamar mundo feliz a unha sociedade que realmente non se pode considerar tal.

Andrea Costa Piñeiro-4ºB


O Mundo feliz de Huxley preséntase como unha sociedade que renunciou a valores básicos como a familia, a cultura, os sentimentos…para conseguir a felicidade. As accións desenvólvense, na súa maioría, en espacios pechados que transmiten sensación de agobio, o que non adoitamos identificar como felicidade.

Asunción González Molanes-4ºB

El príncipe destronado

DELIBES, M. : El príncipe destronado

Considero que é un bo libro para xente que non ten moito tempo para adicar a ler ou para adolescentes que están a iniciarse no “vicio” da lectura.
Trátase dun libro sinxelo, non resulta nada aburrido, é capaz de sacarche algún sorriso e as aventuras do personaxe principal, Quico, envólvente no mundo inocente da infancia. Recomendo a súa lectura.

Andrés Figueroa Piñeiro-4º B


Este libro ten partes moi divertidas, xa que o seu protagonista é un neno de catro anos e as súas travesuras fannos disfrutar. Paréceme un libro adecuado para todo tipo de lectores/as.


Beatriz Fernández Dacosta-4ºB


Gustoume moito. A min non me gusta ler, pero este libro conseguiu “engancharme” porque é moi divertido. Ademáis, resulta moi realista porque conta un “día normal”en calquera casa, polo que todo o mundo pode verse reflexado nalgún momento da historia.


Silvia Ferrari Docío-4ºB


É un libro moi interesante porque mostra cómo somos as persoas na infancia e fai que recordemos aqueles tempos nos que facíamos cousas parecidas ás que fai o protagonista para chamar a atención. Resulta interesante e divertido volver ós tempos en que éramos nenos/as da man de Quico, o protagonista.


Tamara Aller Fernández-4ºB


Cando lin esta novela sentinme identificada en moitos momentos. Por iso recomendo a súa lectura a calquera persoa,pero, sobre todo,a quen lle gusten os libros divertidos, xa que as “trastadas” de Quico fan rir moitas veces. Aínda que non ten intriga o libro mantén a atención e, ademáis, ten moita tenrura.


Jéssica Cancelas Cancelas-4ºB


Recomendo este libro porque é moi divertido e fácil de ler. Ademáis , é relativamente curto, outra característica que para min é importante. Tamén permite ver a situación da sociedade española hai unhas décadas.


Xosé Fernández Edreira-4ºB

5/08/2007

La busca

BAROJA, Pío :La busca.

Creo que o que máis me impulsa a recomendar a lectura desta novela é que describe a realidade dun grupo social marxinal , e faino de tal maneira que induce a reflexionar sobre o modo de vida, os pensamentos, perspectivas, soños, problemas, medos... de xente como a que coñece Manuel e coa que se relaciona durante algún tempo.
Como consecuencia disto, tamén provoca reflexións persoais sobre os camiños que se poden seguir na vida a partir das condicións sociais de cada persoa.


Raquel Díaz Fervenza 4ºA


O protagonista, Manuel, desenvolve un amplo percorrido por distintos ambientes de Madrid, pero, especialmente por lugares que lle permiten a Baroja a descripción dos modos de vida de grupos sociais pouco favorecidos.Nalgúns momentos detense excesivamente, na miña opinión.
De todos xeitos, a novela permite facerse unha idea bastante clara de cómo era España a nivel social e económico a finais do XIX ou principios do XX, e, polo tanto, podemos chegar á conclusión de que temos bastante sorte por ter nacido nun tempo e nun lugar no que podemos gozar de tantos privilexios.


Diego Fonseca Rodríguez 4ºA


Esta novela resulta,ás veces, un pouco triste, sobre todo nos tempos máis difíciles para Manuel, o protagonista, xa que non lle resulta doado atopar un traballo que lle guste, ou no que o traten con humanidade...Chega a relacionarse con personaxes que caen na delincuencia, aínda que esa non é a vida que el quere vivir...


Sara Díaz Budiño 4ºA

5/04/2007

Las inquietudes de Shanti Andía

BAROJA, Pío :Las inquietudes de Shanti Andía.

Recomendo a lectura desta novela, fundamentalmente, a aquelas persoas que amosen interese pola vida da sociedade mariña e obreira da época. Cóntanse con detalle e realismo as dificultades da vida dun mariño, por pasar moito tempo lonxe do seu fogar, ademais dos riscos que corre no mar. Reflexa tamén que non só sufren os mariñeiros senón tamén a súa familia.
Debo recoñecer que a lectura fíxome reflexionar moito sobre a dureza da vida e a facilidade coa que vivimos agora, e aínda así, non estamos contentos.
Como crítica, creo que a lectura , debido á gran cantidade de descricións detalladas e minuciosas, resulta un tanto parada en certos momentos.
Polo tanto, nas Inquietudes de Shanti Andía, podedes atopar momentos trepidantes, de aventuras... con reflexións sobre a dureza da vida.


Nicolás Martínez Millán 4º A