1/30/2008

El guardián entre el centeno

Esta novela de SALINGER é, na miña opinión, excelente. O protagonista é un rapaz de dezasete anos que se sinte coma un estraño dentro do mundo no que vive, non entende a hipocresía da xente que ten arredor, e non desaproveita ningunha ocasión para criticar todo aquilo co que non está dacordo. A novela comenza cando Holden, o protagonista, acaba de ser expulsado do internado no que estuda e, para ocultarllo ós seus pais, decide vagar por New York ata o día no que comenzarían as vacacións de Nadal e podería, entón, chegar a casa sen ter que dar explicacións... E durante ese tempo, "entramos" na mente adolescente. Dunha maneira moi acertada, paréceme a min, coñecemos os sentimentos do protagonista, dese rapaz que ve o mundo con "outros" ollos.

Fernando J. Martínez Patiño, 4º ESO-A