3/12/2008

Seda

Alessandro Baricco

A este libro non se lle pode adxudicar outro adxectivo máis que "precioso". As descricións das cores, das paisaxes, dan a sensación de estar a ver unha película en vez dun libro, son cores vivas, como as dos paxaros da gaiola xigante, ou o azul das flores de Madame Blanche, ou a carta, teoricamente da rapaza xaponesa, que aínda que non describa cores, si o acto amoroso e creo que foi a carta de amor máis bonita e con maior sentimento que lin ata o de agora.
O único que me aburriu un pouco foron as reiteracións que fai no camiño das viaxes. A forma de narrar é un pouco rara, repetitiva e ás veces parece que insuficiente, pero sen ela non se captarían tan ben os sentimentos e o misterio que, ó meu parecer, é o mellor da historia.


Uxía Piñeiro


Esta novela paréceme unha obra especial, chea de sensibilidade e moi diferente ás outras que teño lido ata agora, xa que condensa en moi poucas páxinas unha historia moi prolongada e intensa.
Penso que representa e transmite moi ben a sensación do amor como un sentimento inexplicable, que che fai cometer actos precipitados, como construír un xardín ou visitar repetidas veces un país que se atopa moi lonxe, para recibir a cambio unha pequena recompensa, como unha simple ollada.
O motivo polo que escollín este libro foi debido a que vin unha obra de teatro, hai pouco tempo, sobre un texto teatral de Alessandro Baricco, titulado Novecento, que me conmoveu e fíxome desexar coñecer outras obras do mesmo autor. Pensei que esta novela podía estar ben e non me equivoquei, disfrutei moito coa súa lectura.


Ana Bangueses