11/05/2008

Que me queres amor

Manuel Rivas

¿Que me queres, amor?
Trata dun rapaz que está namorado dunha rapaza que traballa nun supermercado. O rapaz vai ao súper só para mirala, e pasea o can tamén para vela. El e un amigo van roubar un banco..... e pasa algo inesperado.....

A lingua das bolboretas
O conto trata dun neno que se chama Moncho. O primeiro día de escola cando lle preguntan o nome el di que se chama pardal e despois vai xunto ao profesor e mexa por el, e despois vaise correndo a casa. O profesor vai xunto aos pais de Moncho para falar sobre o asunto, o pai de Moncho dille que vai facerlle un traxe en agradecemento. O profesor leva o traxe un ano enteiro, tamén lle ensina a Moncho moitas cousas da liberdade. Prodúcese o golpe de estado.....

Un saxo na néboa
O conto conta a historia dun rapaz ao que de pequeno lle regalan un saxo, e aprende a tocalo. Un día ao saír da botica na que traballaba atopa a Macías, un músico que tocaba na Orquestra Azul, este pídelle que vaia ensaiar con eles. Logo, Macías dille que vaia con eles a Santa Marta de Lombas. Alí hospédanse na casa de Boal, que era o alcalde da vila, o rapaz namorase da muller de Boal, unha chinesa. Ao día seguinte, van tocar na festa, e a rapaza aparece e vai velo tocar......

A leiteira de Vermeer
O protagonista está moi agradecido a súa nai que era leiteira. Cando é maior vai a Amsterdam para ver o cadro Os comedores de patacas do que fica abraiado. Tamén ve un cadro titulado A leiteira, aínda que non necesita velo para saber que quixo pintar o autor e coñecer a historia que hai detrás.

Só por aí
Trátase dun mozo chamado Miro que é o típico adolescente que non lle que gustan as normas impostas polos seus pais. Un día cando non chega á casa despois dunha noite de marcha os seus pais preocúpanse moito.O pai, que é comerciante, vai traballar. A pesar da mala relación entre el e mais o seu fillo,non pode parar de pensar nel preocupado............

Vostedes serán moi felices
Trátase dun médico chamado Doutor Freire e a súa muller, Reme, un día teñen uns invitados na súa casa, o Doutor Kimball e a súa muller. O Doutor Kimball é un médico bastante recoñecido de EE.UU polo seu traballo e investigacións fai que sexa admirado polo Doutor Freire. Unha noite, cando van cear, vaise a luz. Chega o home da cociñeira, Andrés, que lles explica ó Doutor Freire, a súa muller e aos invitados que poderían estar sen luz so mellor dous ou tres días. Andrés tamén lía as cartas do tarot, e o Doutor Freire pregúntalle que lles lea as cartas aos invitados. Andrés fíxoo. Botounas varias veces porque parecía que non estaba contento co resultado pero cada vez que os botaba parecía aparecer ó mesmo............

Carmiña
Comeza cun home que lle conta un relato o seu taberneiro,fálalle das súas aventuras con Carmiña de Sarandòn , era unha muller que vivía soa coa súa tía e co seu cadelo chamado Tarzán .
Sempre que o home intentaba acostarse con ela o can poñíase a ladrar e a roñarlle,unha vez o can lambeuno cando estaban ao seu, e el deulle unha patada, Carmiña enfadouse,e o home xurou que o can o pagaría caro...........

O míster & Iron Maiden
Un home está mirando o partido co seu fillo, están na final da segunda metade e o seleccionador cambia dous xogadores, isto non lle gusta nin o pai nin o fillo, ao día seguinte ambos os dous van aos percebes na Costa da Morte unha onda colle o barco de costado .................... Quen gañou o partido?

O inmenso camposanto da Habana
O neno tiña un tío recén chegado das Américas que era un experto en morrer; morrera xa unhas 12 veces antes de morrer, e cando volvía, volvía sempre cunha historia alucinante.............................

A moza do pantalón pirata
Dous homes van camiño dun muíño, onde os espera outro home, tiñan as xemas das dedas borradas con ácido e a cara tapada cunha máscara, porque tiñan que matar un home chamado “O Bestión”. Para iso colocaron unha bomba baixo unha ponte pola que tiña que pasar pero unha moza en bicicleta e con pantalón pirata quédase a mirar o río de noite....................

Conga, conga
Pico é un home que traballa como pallaso en festas de cumpreanos. Un día, cando chega á casa onde vai a traballar, mira moitos nenos e a Óscar, o rapaz do cumpreanos, a quen todo o que fai o pallaso lle parece moi infantil e aburrido, decide, entón, divertirse e encerra o pallaso nun invernadoiro onde había un caimán, a nai sácao de alí e préstalle o baño para que se cambiara.............................

As cousas
O conto vai dun asasinato onde as cousas do escenario do crime non cren que a asasina sexa a acusada. As cousas falan entre elas pero as persoas non poden oílos. Todas están a discutir ata que a escuridade os interrompe e lles conta o que en realidade pasou.....


Debuxos animados
Unha moza acaba de romper co mozo, un creador de debuxos animados coma ela. Ese mesmo día ten unha boa oferta de traballo: facer unha serie de debuxos animados para patrocinar unha marca de salchichas. A serie é todo un éxito, tanto que desbanca outra serie de debuxos da marca de salchichas da competencia da que é creador o seu ex-mozo e claro xa sabemos que os homes levan mal as derrotas... como acabará o conto?

Unha flor branca para os morcegos
Trátase dun comisario que busca a un narcotraficante chamado Don. Despois dun asalto nunha batea que case o deixa frito, os seus superiores obrigárono a cambiar de posto e metérono detrás da mesa das denuncias na comisaria. Unha tarde chega una señora que parece estar tola e cóntalle que un tal Toni Grief, un actor da televisión, estaba intentando matala. Cando o comisario á axuda, descobre que é a nai do criminal Don que buscaba..............

A luz da Yoko
O conto narra a vida dun neno que se ten que mudar porque seu pai perde o traballo,o rapaz encántalle Baby Devil,un demo de debuxos animados,de camiño a nova casa vai vendo a tele no coche,a Yoko, ao chegar á casa non pode durmir e levántase pola noite a ver a tele....

A chegada da sabedoría co tempo
Trátase dun home chamado Old M, que traballa nunha prisión. Unha noite o garda, señor Eyre, que o levaba para casa díxolle “ aínda que as follas sexan moitas, a raíz só é unha”. Old M vai tomar unha copa ao bar e encóntrase cun can, con orellas largas e pelo áspero que lle deu unha sensación rara, como de comprensión. No bar, fala coa camareira Maggie, deuse conta de que a vida de Maggie era aínda máis aburrida que a súa. Cando saíu do bar aquela noite era outro home, e volveuse encontrar co mesmo can de orellas largas e pelo áspero.............


Despois de ler este libro de contos podes ver a película A lingua das bolboretas, baseada en tres contos do libro. Esperamos que vos guste tanto a película como o libro, a nós encantáronnos.


Ana Martínez, John Hernández, Pablo Rodas, Andew Smith e Toni Docampo
4º E.S.O.